MANIFESTO DO PSdeG NO DÍA MUNDIAL DA SIDA 2012

Imagen
 
Como cada 1 de Decembro, os Socialistas de Galicia únese á
conmemoración en todo o mundo do Día Mundial da SIDA. Un día crucial
para recordar e dar a coñecer á sociedade a epidemia global causada
pola extensión da infección por VIH. Desde o primeiro diagnostico, no
ano 1981, producíronse máis de 25 millóns de mortes relacionadas co
VIH e a SIDA en todo o mundo, converténdose nunha das epidemias que
máis afectou á poboación na historia. Actualmente máis de 34 millóns
de persoas viven co VIH no mundo. No noso país son ao redor de 150.000
persoas as que viven co VIH.
Neste día queremos denunciar a redución dun 75% das axudas destinadas
a financiar os programas que desenvolven as ONG para a prevención do
VIH por parte do Goberno de España, pasando de 4 millóns de euros en
2011 a 1 millón en 2012, o que leva consecuencias sociais e sanitarias
que supón un paso atrás nos logros conseguidos na redución e control
de devandita infección.
Ademais non debemos esquecer os efectos que a desaparición do Sistema
Universal de Saúde aprobado polo PP provoca no noso país, coa retirada
do cartón sanitario aos inmigrantes en situación irregular entre
outros colectivos, e as graves consecuencias que esta decisión está
tendo e terá na saúde individual e colectiva da sociedade española.
Esta exclusión do sistema sanitario ou a dificultade de acceso ao
tratamento, implican unha deterioración da saúde comunitaria e unha
falta de control sanitario o que xerará un serio problema de saúde
pública.
As políticas de recorte económico non xustifican nin compensan un
retroceso na resposta do VIH no noso país, dado que a prevención é
sempre moito máis rendible que o tratamento posterior de calquera
enfermidade e, xa que logo, este suposto aforro non será real se
aumenta o número de novas infeccións por VIH no noso país.
Unha irresponsabilidade non só sanitaria senón tamén política e
xurídica posto que o Goberno español está tomando decisións sen contar
coa Comisión Nacional de Coordinación e Seguimento de Programas de
Prevención da SIDA, encargada de coordinar as políticas de
prevencióndo VIH no noso país.
Ademais, queremos manifestar a nosa preocupación porque aínda non se
iniciaron os traballos para a elaboración dun novo Plan Multisectorial
fronte á infección por VIH e a SIDA 2013-2017, a poucos días de
finalizar a vixencia do actual Plan Multisectorial 2008-2012.

Estas decisións do Goberno do PP, ás que se suma a drástica redución
do orzamento destinado a cooperación internacional, supón un claro
retroceso na resposta nacional e internacional fronte ao VIH/SIDA, e
contradi claramente os acordos internacionais, tanto económicos como
políticos, que asumiu o Goberno español ante organismos como o
Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA), a
Asemblea Xeral de Nacións Unidas (UNGASS), a Organización
Internacional do Traballo (OIT) ou o Parlamento Europeo (PE), para
garantir os programas de VIH cara ao “Obxectivo Cero”, tal e como
impulsa Nacionais Unidas.

Aqui en galicia as politicas do goberno son igual de negativas, dando
subvencións da partida do VIH a ordenes relixiosas e acabando cos
programas institucionais de prevencion do VIH-SIDA.

Por iso, o PSdeG reitera a necesidade de que as políticas que dan
resposta á infección por VIH teñan unha visión e actuación integradora
e global, e que contemplen as íntimas conexións entre o estigma, a
prevención e o diagnóstico precoz da infección, así como o noso
compromiso por un mundo con cero novas infeccións polo VIH, cero
discriminacións e cero mortes relacionadas co VIH/SIDA

Neste día, as mulleres e homes socialistas queremos recordar a quen
faleceron a causa da SIDA, e reiteramos o noso apoio e agradecemento
ao labor desenvolvido durante máis de trinta anos por moitas persoas
anónimas, asociacións de loita contra a SIDA, ONG de apoio ás persoas
afectadas, e profesionais sanitarios. O seu traballo en prevención,
tratamento, apoio psicosocial e sensibilización sobre o VIH/SIDA, e o
seu permanente traballo contra o estigma e a discriminación das
persoas que viven co VIH, son elementos indispensables para seguir
avanzando nunha adecuada resposta á pandemia e garantir os dereitos
humanos das persoas seropositivas.

Santiago, 1 de Decembro de 2012.

 

 

 

Publicado el diciembre 1, 2012 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja un comentario