Archivos Mensuales: septiembre 2012

Carta do grupo LGTB do PSdeG ante o inminente anuncio de resolución do Tribunal Constitucional

 
Image
 
Carta a nosas amigas e nosos amigos:

É inminente o anuncio da resolución do Tribunal Constitucional sobre a emenda do Partido Popular á lei de Modificación do Código Civil, que permite o Matrimonio Igualitario.

Dende o grupo LGTB dos socialistas de Galicia «7CORES» confiamos en que esta resolución sexa favorable e considere plenamente constitucional o Matrimonio Igualitario.

A semana pasada, fronte á sede do PP en Xénova,  a Federación Estatal de Lesbianas, Gais Transexuais e Bisexuais e o Grupo Federal LGTB do PSOE, instou ao Partido Popular a retirar o Recurso de Inconstitucionalidade e evitar así pasar á Historia como o único partido que pon obstáculos á Igualdade dos españois ante a lei, e devandita solicitude non foi atendida.

Ao mesmo tempo, sectores do Partido Popular, incluída a Directiva de Novas Xeracións, seguen presionando á Dirección Nacional do PP para que manteña a súa postura intolerante e contraria á plena igualdade dos 

Tamén  queremos esixirlle ao señor Feijoo que clarifique a súa postura e que o seu goberno comenze a realizar políticas de apoio á igualdade das persoas LGTB. Desde que empezou a gobernar en Galicia desapareceron todas as políticas LGTB. Deixe de ser un fotogayfreindly, por favor.


Os recortes que está levando a termo o Goberno do Partido Popular, non son eficaces para superar a crise económica, e supón profundar a brecha que separa á cidadanía por clases sociais e limitan a igualdade de oportunidades.
 
As persoas socialistas debemos manifestar a nosa repulsa a un ideario e unha xestión da situación económica, que resta expectativas de futuro e emancipación ás clases máis desfavorecidas e aos sectores máis vulnerables.
Nunca esqueceremos que son eles os únicos que, amparados nas súas crenzas relixiosas e na súa ideoloxía defenden un apartheid na nosa sociedade onde as persoas non poidan gozar dos mesmos dereitos, con iguais denominacións e en igualdade de condicións.
 
 
Fito Ferreiro Seoane
Coordinador del grupo LGTB dos Socialistas de Galicia «7Cores»

O PSOE propón unha Lei de igualdade de trato e non discriminación

A portavoz socialista de Igualdade, Carmen Montón, defenderá a toma en consideración desta iniciativa, que evitaría casos como a exclusión sanitaria dos inmigrantes en situación irregular ou a educación segregada por sexos.

Image

 O Grupo Parlamentario Socialista defenderá  no Pleno do Congreso unha Proposición de Lei para a Igualdade de Trato e non discriminación, que ten como obxectivo garantir de xeito efectivo o cumprimento do principio de igualdade e protexer aos cidadáns fronte a calquera tipo de discriminación. Con esta Lei evitaríanse, por exemplo, casos como a exclusión sanitaria dos inmigrantes en situación irregular ou a educación segregada por sexos. Os socialistas retoman esta Lei que foi promovida polo goberno de José Luís Rodríguez Zapatero na anterior lexislatura, pero que non chegou a culminar a súa tramitación no Parlamento pola convocatoria anticipada de eleccións.

A portavoz socialista de Igualdade, Carmen Montón, será a encargada de defender a toma en consideración desta iniciativa que, por unha banda, prevén e erradica condutas discriminatorias e, por outro, protexe e repara ás vítimas calquera forma de discriminación. «Trátase dunha Lei que protexe a todos os cidadáns, porque todos estamos expostos a sufrir nalgún momento algún tipo de discriminación -xa sexa por razón de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión, discapacidade, enfermidade ou orientación sexual, entre outros-, e que alcanza todos os ámbitos da vida, como o emprego, a educación, a asistencia sanitaria, os servizos sociais, o acceso á vivenda ou a participación pública, entre outros¨, explica Carmen Chea. Así mesmo a Lei impulsa e complementa o marco normativo europeo, ¨situando España entre os países da nosa contorna que contan cos mecanismos necesarios para loitar contra a discriminación, e profunda no valor da igualdade, máis aló do seu recoñecemento legal».

15S QUEREN ARRUINAR O PAÍS – Os RECORTES FOMENTAN A LGTBFOBIA

Imagen

Estimadxs compañerxs e amigxs como sabedes este sábado 15 de Setembro é a gran marcha en contra dos abusos e recortes do Goberno do Partido Popular, as entidades LGTB estatais apoiarán a marcha fixando como puntos de encontro a Consellería de Educación e o Ministerio de Sanidade delas partirán as mareas de Educación e Sanidade. Lxs compañerxs que queirades e podades asistir, poderiamos quedar para ir todxs juntxs, na porta do Ministerio de Sanidade ás 10.30 h coas nosas camisetas do ¨Comando LGTB¨ e as nosas bandeiras do Orgullo. Os esperamos.

O COLECTIVO «NÓS MESMAS» DE VIGO ESTREA LOCAL

 

Imagen

As nosas compañeiras do colectivo de lesbianas de Vigo «Nós Memas» estrean local. Desde «7CORES» querémoslles dar os nosos parabéns. Unha sede sempre é un paso adiente e ademáis de ser un importante acto de visibilidade. Animo e gracias polo traballo que estais realizando a favor da igualdade das persoas LGTB de Vigo e Galicia. Os deixamos coa nota que nos enviaron as rapazas de «Nós Mesmas».

Cunha sonrisa de orella a orella anunciamos que Nós Mesmas xa conta con local propio (de aluguer claro esta!) na cidade de Vigo.

Por que tanta ledicia? pois por que buscabamos un lugar onde atoparnos e que nos atopen, onde poder traballar xuntas quen se pase por ahi e que sexa máis persoal e non tan online, ubicar unha referencia para pasarte e informarte, coñecer a entidade, facer visible o colectivo e a nosa luita feminista, non depender dos escasos horarios dos poucos espazos públicos (que seguiremos usando, por suposto!), e tamén, por que non, valeirar nosas casas de cousas da asociación!! 

Que faremos ali? polo de agora, asentarnos e establecer uns horarios onde seguro estaremos. Ademáis as xuntanzas, cursos, obradoiros e demáis que poidamos, así como ceder o espazo a quen o precise 

Canto vai durar isto? pois non o sabemos!! polo de agora un ano, que é o que pensamos que co esforzo de todas podemos pagar as cuotas, porque non, non é do concello nin está subvencionado (para que as boas lingüas queden tranquilas que logo xa se sabe…)  así que aproveitade mentres dure!

E quedades todxs convidadxs a INAUGURACIÓN!! Este venres 14 de setembro a partir das 19.30h

Onde andamos? na Porta do Sol, no número 11 bis, entrechan.
aínda estamos organizándonos cos horarios, polo que iremos ampliando a información, atentxs ao facebook e a web! 

III MAR»I»PICNIC DE A.L.A.S. CORUÑA

Imagen

III MAR»I»PICNIC DE A.L.A.S. CORUÑA

Os nosos compañeirxs do colectivo LGTB  A.L.A.S Coruña celebran este sábado o terceiro Maripicni na nosa ciudade. É o terceiro ano que en fan esta xornada de visibilidade LGTB  e festa na nosa cidade. Un encontro sinxelo e divertido que o grupo LGTB «7CORES» apoia e pedímosvos a todas e todos que vos pasedes por alí coas vosas tortillas, empanadas, salchichas..

A.L.A.S quere dar comezo á tempada de traballo tras o estío reunindo forzas de cara á nova tempada co seu tradicional Mar’i’picnic e co seu II Concurso de Tortillas, Mari brile, voo de cometas e baño se fai bo, na praia, e sobre todo o bo rolo reinante estes anos!!!!! Esperámosvos a todos!!!!! Xa sabedes onde, nas mesas de picnic da praia das Lapas…

Para o que sexa a súa primeira asistencia, isto funciona do seguinte xeito: Traédesvos a comida e bebida suficiente para vós e despois, o que cada un trae compártese entre todos. Por experiencia doutros anos, traede a cantidade que comeriades, xa que ás veces sobrou unha chea de comida, pero bo, como cada vez se alarga mais o evento quédanos para a merenda, a cea, o almorzo, o xantar 🙂

 

PRESENTACIÓN EN CALDAS DO IV XANTAR DA VISIBILIDAD LGTB RURAL

Imagen

 

O pasado venres presemtamos en caldas a edicicon do Xantar pola Visibilidade LGTB Rural.  Contamos coa o presenza do Alcalde de caldas, Juan Manuel Rei, a deputada socialista autonomica e portavoz de igualdade Carmen Cajide, ademais concejales e compañeiros do partido.

Con esta cuarta edición queremos dar un salto cuantitativo e cualitativo. A experiencia destes anos fainos soñar con que este cuarto podemos facelo mellor, mais reivindicativa e festiva á vez. Para eles temos o apoio da agrupación de Caldas, das agrupacións da comarca e da Xuventudes Socialistas da zona.

Esperámosvos en Caldas o proximo dia 29 de setiembre. Deixámosvos coas palabras do noso coordinador Fito Ferreiro na presentación.

 

Bos dias. 

 

Estamos aquí para presentar a cuarta edición do Xantar Rural que fai o  grupo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais «7 Cores»  dos socialistas de galicia. 

 

Primeiro queremos darlle as grazas aos compañeiros da agrupación local socialista, en especial a Juan Manuel Rey e a tamen a deputada no paarlamento de Galicia Carmen Cajide, por todo o apoio que estan a prestar para que se poida realizar este evento aqui en Caldas. 

 

Comezamos fai tres anos en Monterroso en Lugo, ao ano seguinte o  Xantar foi en Castrelo do Miño en Ourense. O pasado ano celebrouse en Cerceda na  provincia da Coruña. Este ano tocábanos na provincia de Pontevedra e eliximos a Vila de Caldas. 

 

Comezamos a facer estes Xantares para axudar a visibilizar a problematica que teñen as xentes homosexuais e transexuais que  viven no rural, nos pobos mariñeiros ou vilas medianas e pequenas. 

 

É certo que hai  xente que é moi valente. Pero moita vive no armario esa dobre vida  que adoitamos vivir cando estamos dando os primeiros pasos. Uns Marchan as cidades, ou simplemente van a esas cidades os fins de semana  para poder seguir adiante. 

E pódovos dicir que vivir escondido non é bo para a nosa vida ni para a saúde mental das persoas. 

 

E os socialistas sempe traballamos para que a xente viva feliz.

 

Tamen con estes Xantares intentamos visibilizar a nosa realidade ante  a poboación. Queremos que nos vexan, que a xente sepa como  somos realmente. Normalmente a imaxe que se ten de nós  é a traves das TV ou dalgunha pelicula onde se mostrar soamente  unha parte da nosa realidade. 

 

Pero dentro do colectivo de homosexuais y transexuais hai moitas realidades e creo que é o  bonito do noso mundo, a gran diversidade que a compon. Por iso despois do xantar adoitamos saír a tomar unhas cañas  polo pobo, mesturarnos coa xente. 

 

Durante as semana anteriores e posteriores á celebración do Xantar no pobo, nos seus bares, nos seus mercados as veces hai un debate sobre  nós. Cremos que é bo, que se fale de nós. 

E que logo comproben a verdade e se lle rómpan todos eses estereotipos negativos que teñen sobre nós. 

 

Ás 13:30 leerase o manifesto, saudo do alcalde de Caldas e contaremos coa presenza de Pachi Vazquez e de María Gonzalez, Secretraria de participación cidadá da executiva federal do PSOE. 

 

Ás 14:00 xantaremos, habra mesas, cadeiras e cada un de nos traera a sua comida 

 

A partir das 17:00 teremos a parte mais festiva, coa actuacion dun grupo de musicos de aquí de Caldas, con Afrodita, unha das mellores Dragqueens de Galicia, co transformista «Rianxeira» e co showman DiablilloLj. 

 

Teremos xogos populares como carreira de saco, o brile e outros.

 

Queria facer unha pregunta, fai sete anos que aprovouse a lei de Matrimonio y vai facer sete anos que o PP puso o resurso de inconstitucionalidad.  Creemos que e hora XA que o Constitucional dicte sentencia e que o PP diga de verdade que vai facer cos matrimonios homosexuais. Levan  Xogando con nos sete anos.

 

Pedímosvos que nos axudedes a publicitar o evento, axudarnos a visibilizar pode axudar a moita xente que esta esperando un xesto que lle axude a comezar a vivir a súa vida. «