Archivos Mensuales: agosto 2012

INTERVENCIÓN DO NOSO COMPAÑEIRO DO GRUPO LGTB, CARLOS VÁZQUEZ ARIAS, NO COMITÉ NACIONAL GALEGO DEL PSdG DO 21 DE XULLO DO 2012.

Image

«Bo día, o me nome é Carlos Vázquez e preséntome hoxe diante de vos como membro elixido polos militantes da agrupación socialista local da Coruña para formar parte deste Comité Nacional Galego.

Son militante do Partido Socialista dende hay so dous anos, e hoxe é a miña primeira intervención diante dos meus compañeiros. Medrei nun

ha casa na que non se falaba de política. Os meus pais non son grandes pensadores nin filósofos, nin siquera remataron os seus estudios básicos; pero fun criado nos valores da solidaridade, da loita, do esforzo, da igualdade, da libertade e da xustiza social. Sen querelo, eles foron os que dende ben pequeno me marcaron o camiño que agora estou orgulloso de seguir.
Nestes dous anos de militancia, vivín os procesos electoráis que remataron coa perda da alcaldía da cidade da Coruña e do goberno de España. Asimesmo, tamén vivín procesos de renovación do partido a nivel do Estado e a nivel local, cuestións transparentes para calquera cidadá, pero pasos que cómpre dar para achegar o partido ó que se sinte na rúa, ou para achegar á rúa á xente do partido. Vimos de elixir na miña cidade unha nova executiva e unha nova Secretaria Xeral. 
É unha renovación importante, un paso ilusionante; novos proxectos, novas ideas, novos horizontes, e como recén chegado a esta parte do sistema (aínda teño un pé na rúa e estou metendo outro dentro do partido), sinto nos meus veciños que perciben que algo cambiou no PSOE da Coruña, que hai un proxecto novo, un cambio, que se queren facer cousas novas e distintas, que hai unha alternativa; que se deu un paso adiante. 
Penso que cómpre poñer un pe na rúa, escoitar e tomar nota do que a xente reclama. Dar pasos para que esa ilusión, esa motivación, ese avanzar nos leve a acadar os éxitos que Galicia e o Partido dos Socialistas de Galicia se merecen.

Son membro do grupo LGTB dos Socialistas de Galicia, 7 Cores. LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuales e Bisexuales). O pasado mércores, aquí en Santiago, o recen creado grupo 7 Cores desta cidade, organizaba o seu primeiro acto coa presencia de Trinidad Jimenez. Música, poesía e intervencións nun acto aberto á cidadanía. Un longo camiño que comezaron na agrupación da Coruña, hai 5 anos, dous compañeiros: Fito Ferreiro e Isaac González. Agora somos un grupo numeroso de persoas as que, dende o compromiso coa xente LGTB e co Partido Socialista, traballamos para mellorar as condicións de vida dos galegos que comparten a nosa realidade afectivo/sexual e para achegar ó noso partido o activismo na defensa dos dereitos LGTB.
Durante estes últimos 5 anos presentamos mocións en concellos e no parlamento Galego no día mundial contra a Homofobia, conseguimos incluir no documento político do PSdeG referencias á nosa realidade, participamos nos diferentes procesos órganicos do partido, tanto a nivel local, provincial, galego e federal. Creamos os servicios de mediación municipal LGTB nalgúnhas das cidades onde gobernamos, presentamos o borrador da Ley galega de visibilidade e para a non discriminación das persoas LGTB. Celebramos diferentes actos como os Xantares populares pola visibilidade LGTB no eido rural, xornadas na Universidade da Coruña, Xornadas abertas de cinema LGTB (Coruña Visible) e charlas en agrupacións, asociacións e institutos de Secundaria presentando a nosa realidade para acadar a súa normalización. Somos referentes nas celebracións dos actos do Orgullo LGTB en Galicia e tamén a nivel do Estado nos actos que se celebran en Madrid con este mesmo motivo.
Malia a que nos diferentes procesos orgánicos de renovación, levados a cabo no noso partido nos últimos tempos, coidamos que faltou valentía para que o grupo LGTB e a súa xente ocupara postos de responsabilidade nos diferentes órganos do mesmo, e axudar así a avanzar na visibilidade da realidade LGTB, temos dous membros do colectivo no comité executivo local da Coruña, e un nos das cidades de Vigo e Pontevedra, ademáis de outro no comité provincial da Coruña. 

En definitiva, nestes últimos anos conseguimos ser a referencia do activismo LGTB de Galicia e ter un gran recoñecemento a nivel nacional. Agradecemos o apoio prestado por moitos compañeiros (Laura Seara, Victoria Hierro, Carmela Silva, Carmen Basadre, Silvia Fraga, Mar Barcón… todas mulleres, por certo), e solicitamos do noso partido o maior grao de implicación posible de tódolos seus membros e dos seus órganos para axudarnos nesta tarefa de defensa dos dereitos do colectivo de persoas LGTB.

Moitas gracias a todos.»