O COLECTIVO LGTBI DOUS SOCIALISTAS GALEGOS DEMÁNDALLE Á VALEDORA DO POBO MEDIDAS ANTE Ou REPUNTE DÁS AGRESIÓNS HOMÓFOBAS

IMG_5189

Fito Ferreiro e Marcos Ramos, de 7 Cores, piden «que se cumpra a lei vixente, máis recursos en educación e un protocolo de actuación para as forzas de seguridade»

O colectivo LGTBI dos socialistas galegos, 7 Cores, demandoulle hoxe en Santiago á Valedora do Pobo, Milagros Otero, medidas para frear o repunte das agresións homófobas en Galicia.

Fito Ferreiro e Marcos Ramos, de 7 Cores, mantiveron unha reunión coa Valedora do Pobo á que tamén asistiron representantes do colectivo Ultreia. “Trasladámoslle a nosa preocupación, non só polo acontecido a semana pasada en Santiago, senón por outros casos de discriminación e agresións rexistrados en Galicia”, afirma Ramos.

En concreto, o colectivo socialista demanda “que se cumpra” a Lei a favor da visibilización e contra a discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI), aprobada polo Parlamento de Galicia en abril de 2014ª iniciativa do PSdeG. “Non se cumpre, e non só polos recortes do Partido Popular en materia de igualdade”, engade Ramos.

Os socialistas piden tamén “un maior esforzo en materia de educación nos colexios e nas universidades”, así como “un protocolo de actuación para as forzas de seguridade ante unha agresión homófoba, non están ben tipificadas e en ocasións as vítimas teñen problemas nas denuncias”.

As demandas do colectivo socialista foron ben acollidas pola Valedora do Pobo, que se comprometeu a levar a súa voz ao Parlamento e a visibilizar este problema para buscarlle solucións co conxunto das forzas políticas representadas na Cámara.

 

Publicado el abril 26, 2016 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: