Archivos Mensuales: marzo 2012

QUEREN ACABAR CON TODO, cos dereitos laborais e sociais. HOXE 29M FOLGA XERAL

Image

Image

O GRUPO LGTB «7 CORES» APOIA A FOLGA XERAL CONTRA A REFORMA LABORAL

O colectivo LGTB «7 CORES» apoia a folga xeral de o próximo xoves 29 de marzo contra
a reforma laboral do Goberno do Partido Popular

 
 

A reforma laboral perxudica ás persoas LGTB como parte da sociedade civil e  como colectivo especialmente afectado pola discriminación na contorna laboral.

O colectivo LGTB «7 CORES» entende que a reforma laboral facilita a discriminación das
persoas LGTB ao debilitar o papel de «primeira barreira de protección» para os traballadores  que representan os sindicatos, antes de chegar á vía xudicial. A reforma laboral permite encubrir unha posible discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero, quebrantando a protección a as e os traballadores LGTB recollida en varias directivas europeas.

As medidas contra o «abstentismo» laboral son un exceso que prexudican gravemente a saúde de todos os traballadores e especialmente a aquelas persoas afectadas polo VIH ou para aquelas persoas  transexuais en proceso de reasignación de sexo.

A debilitación da «negociación colectiva» elimina límites necesarios ante posibles abusos na contorna de traballo, dando pé a danos irreversibles para a clase traballadora. O colectivo «7 CORES» reivindica o dereito democrático de todos os cidadáns a exercer o dereito á folga, fronte a quen as presións de quen o cuestionan.

Grupo LGTB 7CORES dos Socialistas de Galicia

Os colectivos LGTB únense á Folga Xeral

Fundación Triángulo e FELGTB están contra unha reforma laboral que condena ao armario as persoas LGTB.

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB) e a Fundación Triángulo uníronse nun manifesto de adhesión á folga xeral do próximo xoves 29 de marzo contra a reforma laboral do Goberno do Partido Popular porque «queren acabar con todo».

No manifesto arguméntase que a reforma dota ao empresario de numerosas armas coas que ocultar unha posible discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero, quebrantando a protección ás e os traballadores LGTB recollida en varias directivas europeas. De facto, a reforma condena á invisibilidad ao colectivo porque a homofobia, bifobia e transfobia existen e atópanse desprotexidos ante as mesmas.

Así mesmo, as medidas contra o «absentismo» que permiten despedir por faltas médicas xustificadas son un grave atentado á saúde de todas as persoas traballadoras, pero é especialmente grave para quen viven con VIH ou para aquelas persoas transexuais en proceso de reasignación de sexo.

Ademais, o manifesto móstrase contra a desaparición na práctica dos convenios colectivos, o atentado contra a conciliación laboral e familiar ou a procedencia potencial de todos os despedimentos.

Así os colectivos argüen o seu apoio á folga xeral cos seguintes argumentos: 

– A reforma laboral aféctanos como traballadores ou traballadoras. 

– Os recortes orzamentarios están afectando a políticas que nos afectan (igualdade, VIH-SIDA). 

– A debilitación da negociación colectiva quebra a nosa estratexia para que a igualdade e o respecto á diversidade sexual chegue ao ámbito laboral.

– Somos sociedade civil e debemos asumir a nosa responsabilidade para expresar o rexeitamento ante situacións inxustas e inmorais.

Boti García Rodrigo, presidenta da FELGTB, destacou que «é de absoluta necesidade o apoio á folga do día 29 polos recortes non só no económico senón sobre todo no que se refire aos nosos dereitos. Despois do Congreso reafirmámonos máis que nunca na esixencia de non dar nin un paso atrás nos dereitos conquistados.»

José María Nuñez, presidente da Fundación Triángulo, fixo «un chamamento a todas as persoas LGTB para sumarse a esta folga e defender aquilo que tanto nos custou conseguir como traballadoras e traballadores e como colectivo».

Boas, aquí estamos con blog novo.

 

 Image

Só queremos modernizar o noso blog, que  estaba un pouco anticuado.

Seguiremos traballando pola igualdade real e os dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais da nosa terra, como fixemos ata agora.

 

Avanzamos moito nestes últimos sete anos, pero quedanos moito camiño por percorrer ata conseguir que as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais podamos vivir a nosa vida sen problemas e sen ninguén que nos intente machacar coas súas fobias.

 

Neste momento estamos traballando en varios proxectos que verán a luz próximamente e que axudarán na loita contra a discrmimación que nos segue perseguindo nesta sociedade. Estade atentos ás nosas novidades.

 

E recordade que para calquera consello, pregunta ou se queredes colaborar connosco podedes facelo a través da páxina de facebook Grupo LGTB PsdeG-PSOE ou no mail lgtb@socialistasdegalicia.com.

 

Un saúdo.

 

Fito Ferreiro Seoane

Coordinador do Grupo LGTB dos Socialistas de Galicia “7 CORES”



A asociación NOS MESMAS se congratula co TSXG condena ao Sergas a sufragar unha operación de cambio de sexo

Image

  O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) condenou ao Sergas a pagar unha operación de cambio de sexo a Charlotte Goiar, natural de Vigo e de 39 anos de idade, porque «Non pode negarse a ciruxía reparadora sexual ata que dispongase de medios materiais ou humanos, pois a recurrinte sofre graves problemas de adaptación e comportamento ao tratamento psicolóxico dende 1991»