O PSOE advirte en Bruxelas da necesidade dunha lexislación unificada que garanta os dereitos ao colectivo LGTB

Fito Ferreiro-Bruselas

O responsable do Grupo Federal LGTB do PSOE, Fito Ferreiro, advertiu que a Unión Europea non ten unha lexislación unificada respecto ao colectivo LGTB, onde países como España teñen unha lexislación moi avanzada, pero moitos países non. Polo que neste mundo global que vivimos, si unha parella do mesmo sexo que esta casada en España tense que ir vivir a Polonia, por exemplo, deixaría de estar casada, perdendo todos os seus dereitos como cidadáns da Unión Europea.

No transcurso dunha sesión de traballo dos grupos federales do PSOE no Parlamento de Bruxelas, Fito Ferreiro sinalou que aínda que cada país ten que cambiar a súa lexislación e hai países homófobos, a UE debe esixirlles aos diferentes países o recoñecemento destes dereitos das persoas. Mentres tanto, propuxo que se elabore unha directiva transitoria para que as persoas con eses dereitos non perdan ao ir vivir a outro país onde non os teñen aínda recoñecidos.

Tamén se suscitou que aos países que se queiran integrar na Unión Europea, non só debería cumprir uns parámetros económicos, senón tamén sociais, referentes ás liberdades individuais, igualade das mulleres, das persoas LGTB, outras minorías discriminadas así como a directivas de igualdade de trato.

Finalmente acordouse manter un contacto directo da delegación Española cos grupos Federales do PSOE, a través dos seus coordinadores tanto para informar das cuestións suscitadas como para que os grupos poidan presentar calquera iniciativa ou proposta para ser estudada. O PSOE en Bruxelas poderá dar traslado destas ás diferentes comisións e ao parlamento europeo

Os grupos asistentes á reunión no Parlamento de Bruxelas foron LGTB, Afrosocialistas, Maiores, Latinos, Rumanos, Árabes, xitanos e de saúde sexual. Acompañados de Miguel Anxo Fernández coordinador da Secretaria de Movementos Sociais da Executiva Federal do PSOE e Fito Ferreiro Seoane coordinador do Grupo Federal LGTB do PSOE

A reunión de traballo dos grupo federales do PSOE no parlamento Europeo en Bruxelas foi con Izaskun Bernal, asesora da delegación Socialista Española, e con David Chivo, membro da secretaria da comisión LIBE, a comisión que leva as liberdades civís. Tamén se mantivo un encontro de traballo co deputado socialista Juan Fernando López Aguilar, membro da comisión LIBE.

E ademais outros encontros cos nosos deputados, Javier López, Eider Gardiazabal Rubial, Álvaro García Navarro e Sergio Gutiérrez Prieto, secretario xeral da Delegación Socialista Española no Parlamento Europeo. Nestes encontros analizouse a futura directiva europea de igualdade, na que o Grupo Socialista Española no Parlamento Europeo puxo moito empeño para que salga nesta legislatura, aínda que non será fácil xa que a maioría conservadora non a considera prioritaria e a esta ralentizando, e pola que os Grupos Federales apostan para avanzar na igualdade plena dos cidadán da Unión Europea.

Falar tamén da directiva europea anti discriminación, que esta xa un pouco obsoleta ao datar a actual de 2003 e a situación cambiou desde entón, xa que non cubría todas as minorías discriminadas que hoxe si viven en Europa. Aínda así algúns países non teñen adaptada a súa lexislación a dita directiva, entre eles España. Polo que a petición dos grupos van presentar unha iniciativa para que os países que non a teñen adáptense xa ás normas europeas.

Publicado el noviembre 24, 2014 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: