MANIFESTO POLA VISIBILIDADE RURAL DO GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS GALEGOS “7 CORES”

href=»https://lgtb7cores.files.wordpress.com/2014/10/10177889_872280889451751_2718266140079434412_n.jpg»>10177889_872280889451751_2718266140079434412_n
1382247_872281172785056_7782200359987603106_n

10425143_872281229451717_7657007047573696862_n

Hoxe é o sexto ano no que nos xuntamos compañeiros dos colectivos LGTB, os Socialistas Galegos, familias e amigos para celebrar unha xornada adicada a reflexionar e visibilizar a realidade das persoas lesbianas, gays, transexuáis e bisexuáis no eido rural.

Todos temos amigos, coñecidos ou parentes que comparten a nosa realidade afectivo-sexual nas grandes cidades. En troques, apenas coñecemos xente que viva esta realidade no eido rural, cando dos 2.765.000 galegos que aínda residen na nosa Comunidade, aproximadamente 1.765.000, e dicir, o 64%, reside en pequenas vilas ou aldeas.
Este feito amósanos que, desgraciadamente, unha persoa que naza no eido rural ten que emigrar a grandes cidades co obxectivo de atopar un espacio social que lle permita desenrolar unha identidade sexual aberta, plena e libre, que difícilmente poderían ter nos seus lugares de orixe. Non estamos polo tanto diante dun proceso migratorio máis, senon dun desprazamento forzado.

Cada vez existen máis estudos sobre aspectos sociáis e políticos da sexualidade que abordan esta realidade. Neles analízanse múltiples situacións como a frustración por ter deixado as propias raíces por unha suposta liberdade sexual idealizada que non é acadada sempre, a soidade do desprazado que lle obriga a afrontar a nova vida na cidade sen apoio da familia ou amigos de sempre, a estigmatización nos lugares de orixe ó ter coñecemento da súa nova vida e outras cuestións que motivan que en moitos casos o individuo desexe permanecer no seu entorno de orixe sen chegar desenrolarse plenamente por medo ó rexeitamento.

É por iso polo que en días coma o de hoxe, tentamos amosar esta realidade para trasladar o noso apoio ás persoas LGTB que teñen a vontade de permanecer nas súas pequenas vilas de orixe e desexan vivir plenamente a súa identidade sexual para poder acadar unha felicidade plena.

Dende o colectivo 7 CORES e os Socialilstas Galegos levamos anos traballando na tarefa de defensa dos dereitos das persoas LGTB. Xornadas como a de hoxe, implantación dos servicios de mediación LGTB nos concellos, presenza nos centros educativos con charlas e coloquios, actos divulgativos para os máis pequenos como contacontos, xogos e demáis actos que pretenden visibilizar, normalizar e espallar a nosa realidade para axudar a que ninguén se teña que sentir discriminado por elixir con quen se deita.

Pero é preciso facer máis para chegar a ese 64% da poboación que non vive nas grandes cidades. Solicitamos da administración pública, das institucións e dos gobernos que artellen tamén nas pequenas vilas ferramentas no eido social, cultural, educativo e sanitario que faciliten ás persoas LGTB a vivir plenamente a súa realidade con independencia do lugar onde nazan. Qué ninguén sexa marxinado en ningunha vila ou aldea pola súa identidade sexual. Qué ninguén se vexa na obriga de ter que marchar e abandonar a súa casa, e o seu entorno para poder desenrolarse plenamente como persoa e acadar a felicidade que todos desexamos. Qué todo o mundo lle poida dar amoriñas das silveiras ó seu amor nos caminiños entre o millo, e como consecuencia da súa condición sexual, que ninguén teña que dicir aquilo de:

“Deixo a casa onde nacín,
deixo a a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quén puidera non deixar!

Moitas gracias.

Manifesto lido polo compañeiro Carlos Vazquez, membro do grupo LGTB 7 Cores

Publicado el octubre 19, 2014 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: