A VALENTÍA DE FÁBREGAS, A HIPOCRISÍA DE NEGREIRA. 

Image

O luns inaugurouse a rúa na honra de Tomás Fábregas, un acto que resultou emotivo para min, pero tamén para os familiares e amigos de Tomás que estaban alí presentes. É a primeira rúa que na nosa cidade se lle dedica a un activista na loita contra o VIH-SIDA e na defensa dos dereitos das persoas LGTB. Ademais de ser este un acto de homenaxe a Tomás e a súa loita, serviu tamén para reivindicar a visibilización e normalización da realidade LGTB.

Que a un se lle recoñeza como merece onde naceu adoita ser difícil. Pero por fin Tomás pode ver como se valora a súa labor na súa propia cidade. Foi Jose Carlos Alonso, cando presidía o defunto “Milhomes”, quen me falou por primeira vez de Tomás Fabregas, alá polo ano 99. Máis tarde dende o grupo LGTB dos Socialistas da Coruña “7Cores” e dende “A.L.A.S Coruña” foi que tramitamos a petición ante Concello da Coruña, gobernado daquela polo socialista Javier Losada, para que lle concedese unha rúa a este activista. Recoñezo que tamén como este pasado luns emocioneime naquel pleno de febreiro do 2011 no que Carmen Marón e Carlos Gonzaléz defenderon a nosa petición.

Pero toda esa emoción truncóuseme ó escoitar ó Alcalde Carlos Negreira falar de “Marcela e Elisa” como precursoras do matrimonio homosexual na nosa cidade e no noso país. Carlos Negreira pertence a ese partido que ata o ano pasado mantivo un recurso no Tribunal Constitucional contra a Lei de matrimonio igualitario. Carlos Negreira é o Alcalde que deixou que o Orgullo da nosa cidade se reducise tan só a unha festa, deixando de celebrar todos os actos culturais e formativos que o normalmente o acompañaban. Carlos Negreira é o alcalde que se cargou o programa de charlas nos centros educativos da nosa cidade que tamén funcionaba. Carlos Negreira é o alcalde, coa axuda do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, que lle quitou todo contido ó “Servizo de Mediación e Información LGTB” municipal.


Debemos lembrar as declaracións dos membros do partido conservador cando apareceu a pandemia, cousas como que “o VIH era un castigo para as persoa de vida inmoral”i. Ou os recortes do goberno de Rajoy e Feijoo nos diferentes plans de loita contra a SIDA. En Galicia han ter que pechar os Comités AntiSida de Vigo, Santiago e os de Ourense e Ferrol atópanse nunha situación crítica.


Carlos Negreira leu un discurso moi fermoso. Dende aquí as miñas felicitacións para quen llo escribiu. Pero para que nos poidamos crelo ten que haber algo máis que palabras. O goberno do PP só ten palabras na loita contra o VIH e os dereitos das persoas LGTB, mais nunca apoiadas logo por actos. Por certo que no seu discurso o Alcalde esqueceuse de falar do colectivo “A.L.A.S.”, o que agora mesmo máis está traballando nesta cidade polos dereitos das xentes LGTB.

Por iso aínda que o luns foi un día emotivo para o recordo da figura de Tomás e os activistas da loita contra o VIH-SIDA foi tamén un día manchado pola hipocrisía do noso Alcalde.

Fito Ferreiro Seoane

Coordinador do Grupo LGTB dos Socialistas de Galicia “7 CORES”

Anuncios

Publicado el noviembre 14, 2013 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. 1 comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: